Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

LAGARTO ARNAL

 Hai unha familia de  réptiles que aparece cada primavera e vive dende xa fai anos na nosa contorna escolar.   É un lagarto endémico da Europa suroccidental. Vive tamén en Galicia, onde é un dos lagartos de maior tamaño, xunto co lagarto das silvas. Pode chegar aos 70 cm ou máis de lonxitude total incluíndo a cola. A coloración de fondo no dorso adoita ser verde, pero ás veces pode ser gris o apardazada, especialmente na cabeza e na cola, e presenta dúas bandas de pintas ( ocelos) azuis interconectadas. Durante décadas, e até hai pouco foi considerado como pertencente ao xénero Lacerta, sendo denominado daquela Lacerta lepida.

FAI CLIC AO TEU BOCATA

 Hoxe gozamos co obradoiro do Plan Proxecta "Alimentate ben" na modalidade "Fai clic ao teu bocata". Os monitores do programa fixeron a presentación das personaxes Pan e Lata como protagonistas da actividade que xunto coa súa familia nos situaron nun mundo do comic a través da visualización dun video. Despois presentaron as características das conservas que se degustaron no obradoiro,visualizando un video onde apareceu o percorrido dende que están no seu hábitat natural ata que chegan a ser parte dun bocata, pasando polo proceso de enlatado. Despois tivo lugar a actividade lúdica en gran grupo, onde o alumnado tiña que pescar diferentes peixes e moluscos. Xa para rematar preparáronse os bocatas, cada quen escollía de xeito individual os ingredientes do seu bocata. Por último tivo lugar a degustación dos saborosos bocatas.  

XA BROTARON OS COGOMELOS DOS TRONCOS

Xa brotaron os primeiros cogomelos inoculados nos troncos da especie  Shiitake ( Lentinus elodes ) .  Os troncos dos cogomelos xa empezaron a brotar

EXPOSICIÓN ITINERANTE DO CEIDA

Nestas últimas semanas do mes de maio chegou ao colexio a exposición itinerante do CEIDA "Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción". Durante case un mes poderemos  documentarnos a través dos 19 paneis informativos que posúe a exposición. O alumnado de 4º de infantil xa foi o primeiro grupo en facer a visita e informarse. Moitas das actividades que realizamos na nosa vida cotiá provocan, directa ou indirectamente, emisións de gases de efecto invernadoiro, e polo tanto, contribúen a un dos principais problemas ambientais deste século: o cambio climático. A subida do nivel do mar, a olas de calor, tormentas, inundacións...son algunhas das consecuencias que por todo o planeta provocará o cambio climático. Nas nosas mans está impedir que esto suceda, pero é preciso que todos os actores sociais se involucren na loita contra este fenómenos global. Tamén cabe dicir que a temática do cambio climático é complexa e como consecuencia hai un gran descoñecemento sobre e

A MALETA MARIÑEIRA DO CEIDA

Este luns, 22 de marzo, chegou ao noso centro outra maleta do CEIDA, A Maleta Mariñeira, constituida por unha colección de libros informativos e álbumes ilustrados sobre a temática do medio mariño e enfocada aos  rapaces e rapazas do 3º ciclo de primaria. A Maleta Mariñeira forma parte do programa "Por unha Transición Ecolóxica" que o CEIDA desenvolve co apoio da Deputación da Coruña, e apoia o Obxectivo número 14 “Vida submariña” dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para o ano 2030 (Axenda 2030), cuxa finalidade é conservar e empregar de forma sostible os océanos, os mares e os recursos mariños. O Centro de Documentación Ambiental do CEIDA é o único centro de recursos de información e documentación especializado en Medio Ambiente que está aberto a toda a cidadanía en Galicia.