Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

6º DE INFANTIL NA HORTA

 No bancal de 5 anos brotaron moi ben as sementes das plantas cultivadas o ano pasado, polo tanto está cheo de pequenas espinacas, de leitugas, de cabazas e "tagetes patula"; tamén temos os allos que cultivamos no inverno. Hoxe arrincamos as malas herbas e plantamos uns tomates.

3º CULTIVA NO BANCAL

 Hoxe os nenos e nenas de 3º de primaria prepararon o seu bancal para transplantar os tomates e plantar repolos, leitugas e espinacas. Despois regaron e colocáronlle ramallos para protexelos do sol. 

REDUCIR E REUTILIZAR A AUGA

 Nesta semana volveron ao colexio Nataliza e Verónica da asociación Educalecrín para recoller as nosas propostas sobre o aforro de auga e as posibilidades  para reutilizala. 5º e 6º presentaron as ideas e despois recibiron uns agasallos polas súas ideas inxeniosas. Noraboa.

PORTAMERENDAS SOSTIBLE

 Hoxe 25 de abril os nenos e nenas empregaron un portamerendas sostible moi orixinal e personalizado para gardar os alimentos. Axudados polas súas familias en días anteriores foron ideando o aparello reutilizando distintos materiais. Nesta xornada tratouse de reducir, no posible, o uso de plásticos. Esta iniciativa forma parte do reto dos Polos Creativos.