Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

PLANTANDO AS SOBREIRAS EN FAMILIA

 O pasado 21 de marzo conmemoramos  o Día Internacional dos Bosques  e os representantes do concello César Reboredo e Paz Pérez agasalláronnos cunhas sobreiras. Agora temos a responsabilidade de plantalas na compaña da nosa familia e facer un seguimento de coidado e protección da sobreira.  Poder plantar unha árbore en familia, observar os seus cambios ao longo do tempo, coidala e protexela  supón unha fermosa experiencia, pois  permítenos decatarnos de como imos medrando a canda nosa árbore, creando un vínculo e un sentimento de respecto pola natureza.

OBRADOIRO PARA TRAMPEO DAS VELUTINAS

 Este xoves 24 de marzo, os nenos e nenas de educación infantil fixeron un obradoiro  para elaborar o líquido atraente co que poder capturar as raíñas das avespas velutinas. Na próxima semana colocaremos as trampas coa mezcla preparada. O obxectivo principal é poder atrapar o maior número de raíñas existentes na nosa contorna escolar. As obreiras das velutinas son grandes depredadoras das abellas, estas non posúen as estratexias para defenderse desta ameaza. Cando as abellas detectan as velutinas deixan de saír a recoller o polen e o néctar, a raíña non cría, redúcese o número de individuos e finalmente a colonia de abellas pode chegar a desaparecer.  Dende o noso centro loitamos contra esta especie invasora.

PARLADOIRO SOBRE AS ABELLAS EN INFANTIL

   Este venres, 24 de marzo, voltou a visitarnos David Liñares para recordarnos a gran tarefa que desempeñan as abellas na biodiversidade de especies, aínda que esta vez o parladoiro estivo dirixido ao alumnado de infantil. Estes nenos e nenas xa saben moito sobre estes antrópodos, pois levan dende principios de curso investigando e informándose para elaborar o seu traballo de clase relacionado co proxecto "Compromiso co medio que nos rodea" o cal deberán expor proximamente. 

VISITA AO PORTO DO TESTAL

O xoves 23 de marzo o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria visitaron o Porto do Testal en Noia, alí observaron as embarcacións de marisqueo. A continuación achegáronse ata a lonxa para coñecer as súas instalacións e o seu funcionamento. Despois visitaron a depuradora da Cofradía de Pescadores para observar como se realiza a depuración de moluscos bivalvos e o etiquetado do berberecho de Noia. Na Praza de Abastos puideron atopar moitas especies de peixe e marisco, foron polos postos identificando as especies e falando coas/os praceiras/os para comentar os prezos e a forma de preparar o peixe. A media mañá fixéronlle entrega dunha merendola mariñeira coa finalidade de coñecer os alimentos do mar e as súas propiedades nutricionais.  Foi unha fermosa experiencia para o noso alumnado.   Esta actividade forma parte do Plan Proxecta:“Aliméntate ben”, na modalidade: "Ti si que es un Bo Peixe". Consiste nunha  estratexia educativa para  previr o sobrepeso e a obesidade .  É un programa

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

   O 21 de marzo conmemoramos o Día  Internacional dos Bosques , día escollido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas dende o 2012. O seu principal obxectivo é crear   conciencia da importancia de coidar e preservar todas as áreas forestais do planeta e así garantir a supervivencia de todas as especies Polo tanto as árbores xogan un papel fundamental na conservación do medio ambiente:   Liberan o osíxeno e transforman o dióxido de carbono en biomasa, reducindo o efecto invernadoiro Son reguladores dos ciclos hidrolóxicos, contribuíndo a evitar inundacións. Preveñen a erosión dos solos, favorecendo o desenrolo da agricultura.   Constitúen o hábitat de especies de plantas, aves, mamíferos e anfibios. Contribúen a regular o clima, reducindo os efectos do cambio climático xerado principalmente polo home.   Son unha fonte de materia prima para a elaboración de medicinas, alimentos, papel, combustible (carbón e madeira) e outros materiais naturais como cortiza, resinas e caucho.