Saltar ao contido principal

PLANTANDO AS SOBREIRAS EN FAMILIA

 O pasado 21 de marzo conmemoramos  o Día Internacional dos Bosques e os representantes do concello César Reboredo e Paz Pérez agasalláronnos cunhas sobreiras. Agora temos a responsabilidade de plantalas na compaña da nosa familia e facer un seguimento de coidado e protección da sobreira. 

Poder plantar unha árbore en familia, observar os seus cambios ao longo do tempo, coidala e protexela supón unha fermosa experiencia, pois permítenos decatarnos de como imos medrando a canda nosa árbore, creando un vínculo e un sentimento de respecto pola natureza.





Comentarios