Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

ECO RETO DECEMBRO

Bos días,  Estreamos o mes de decembro e cambiamos o ECO-RETO Voz Natura das próximas semanas. Será: #RetoReutilizamos. ( https://www.voznatura.com/articulo-de-actividad-2576-ECO-RETOS-VOZ-NATURA&idioma=Galego )   A proposta, nesta ocasión, vai dirixida a Reutilizar è " Reutilizamos para reducir los residuos, promover valores sociales, generar nuevas redes de comercio, ahorrar materias primas, reducir nuestra huella ecológica y fomentar el compromiso con la sostenibilidad del planeta ".   Lembrámosvos como participar nesta actividade: Cando consigades os vosos retos, sacádesvos foto/s ou facedes un vídeo cortito (menos dun minuto) e subídelo a Facebook ou a Instagram, engadides o hashtag #AccionVozNatura , o hashtag #retoreutilizamos e etiquetades cada foto ou vídeo con: @voznatura para que podamos ver todo o que publicades.   Apertas do equipo Voz Natura!

DÍA MUNDIAL DO CHAN - CONVERSA DE SOGAMA SOBRE A RECICLAXE.

O 5 de decembro celébrase o Día Munidal do Chan   co obxectivo de sensibilizar da importancia dun solo saudábel e promover a xestión sustentábel dos recursos do mesmo. O chan baixo os nosos pés é un mundo composto de milleiros de organismos vivos, de minerais e materia orgánica que proporciona alimentos a humanos e animais a través do crecemento das plantas. Do mesmo xeito ca nós, os chans necesitan unha achega equilibrada e variada de nutrientes en cantidades apropiadas para estar saudables. Cando se cultiva a terra, crecen as plantas e os devanditos nutrientes elimínanse do chan, polo que é necesario realizar un seguimento e xestión adecuados para revitalizalos e facer que as plantas futuras medren de novo en condicións óptimas e poidan aportar os nutrientes necesarios para alimentar áos animas e ás persoas. O alumnado de 3º curso participou nesta conmemoración desenvolvendo o Proxecto de Biblioteca: "Compromiso co Medio que nos rodea" e o programa de Voz-Natura sobre a pa