Saltar ao contido principal

DÍA MUNDIAL DO CHAN - CONVERSA DE SOGAMA SOBRE A RECICLAXE.

O 5 de decembro celébrase o Día Munidal do Chan co obxectivo de sensibilizar da importancia dun solo saudábel e promover a xestión sustentábel dos recursos do mesmo. O chan baixo os nosos pés é un mundo composto de milleiros de organismos vivos, de minerais e materia orgánica que proporciona alimentos a humanos e animais a través do crecemento das plantas. Do mesmo xeito ca nós, os chans necesitan unha achega equilibrada e variada de nutrientes en cantidades apropiadas para estar saudables. Cando se cultiva a terra, crecen as plantas e os devanditos nutrientes elimínanse do chan, polo que é necesario realizar un seguimento e xestión adecuados para revitalizalos e facer que as plantas futuras medren de novo en condicións óptimas e poidan aportar os nutrientes necesarios para alimentar áos animas e ás persoas.

O alumnado de 3º curso participou nesta conmemoración desenvolvendo o Proxecto de Biblioteca: "Compromiso co Medio que nos rodea" e o programa de Voz-Natura sobre a paisaxe, tratando de concienciar aos nenos e nenas da importancia de recuperar as paisaxes autóctonas de Galicia como son os soutos e as carballeiras. Aportou o seu traballo e toda a ilusión nun proceso laborioso, realizando as tarefas de sementeira en area e no bancal da horta con castañas e landras, esperando que xermolen e medren o suficiente para ser transplantadas na primavera en solos fértiles que reúnan as condicións necesarias para o seu crecemento e poidan convertirse nuns frondosos e fermosos castiñeiros e carballos.





Neste día tamén puidemos gozar dun taller sobre a reciclaxe impartido por Sogama, dentro do programa educativo "Recíclate con Sogama". A charla e as actividades interactivas xiraron arredor do principio das tres erres: reduce, reutiliza e recicla.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ASOCIACIÓN VECIÑAL BOLARQUEIRA DE NOCEDA.

 Pablo e Diego, membros da Asociación Cultural e Veciñal Bolarqueira  de Noceda, visitáronnos hoxe para contarnos como esta asociación  traballa pola dinamización e difusión da cultura no rural, ademáis de concienciar no  coidado da contorna natural desta aldea. Faláronnos do festival Noceda Rock, de todas as actividades que se farán o 13 e 14 de xuño, xa que esta será a décima edición deste evento. Desta volta o cartel anunciador foi creado pola artista Carlota Salgado, no que intentou representar un carballo coas raices cara arriba e as polas cara abaixo.