Saltar ao contido principal

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

  O Día Internacional do Libro foi fixado pola  UNESCO no ano 1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento.

Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes

En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro.

No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segue compoñendo, difundindo cancións para a rapazada e coa esperanza de que a xente atope, a través da música, máis paz interior. Ten sete libros adicados aos animais e hoxe puidemos cantar e bailar con ela cancións do seu libro titulado “Cabárceno”.

Moitas grazas Susa por adicarlle tantas cancións aos nosos amigos os animais!!

 



















Comentarios