Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2026

DÍA DA PAZ.

O 30 de xaneiro conmemoramos no noso centro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz respondendo entre todos e todas a unha pregunta: - Pecha os ollos e pensa na Paz. Que ves? En cada clase o alumnado foi  escribindo palabras, frases ou expresión sobre o que sentían ao pensar na Paz. Estas mensaxes foron escritas en post-it  de cores e despois colocadas no mural da entrada do centro para poder ser contempladas pola comunidade educativa.Mensaxes con desexos de cariño, respecto, empatía e cooperación. Na Aula de Polos Creativos fíxose unha gravación, na que participou alumnado representativo das distintas clases, coas mensaxes escritas nos post-it.

XABÓN DE LARANXA E ROMEU.

  A rapazada de 3 anos de infantil realizou un obradoiro de xabón de laranxa e romeu empregando: 400g de glicerina sólida 8 gotas de aceite esencial de laranxa Romeu seco.                                        

TÚNEL DOS VIMBIOS.

 Como estamos en xaneiro e a lúa está chea, o cal é un momento favorable para trenzar os vimbios dándolle forma ao túnel e tamén ampliamos a plantación para prolongar a estructura.