O 30 de xaneiro conmemoramos no noso centro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz respondendo entre todos e todas a unha pregunta:
- Pecha os ollos e pensa na Paz. Que ves?
En cada clase o alumnado foi escribindo palabras, frases ou expresión sobre o que sentían ao pensar na Paz. Estas mensaxes foron escritas en post-it de cores e despois colocadas no mural da entrada do centro para poder ser contempladas pola comunidade educativa.Mensaxes con desexos de cariño, respecto, empatía e cooperación.
Na Aula de Polos Creativos fíxose unha gravación, na que participou alumnado representativo das distintas clases, coas mensaxes escritas nos post-it.
































Comentarios
Publicar un comentario