Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

1º DE PRIMARIA PLANTA NA HORTA.

 As nenas e nenos de 1º de primaria plantaron no seu bancal escolar amorodos e patacas, sementaron leitugas e cultivaron plantas ornamentais no Xardín de Rosalía. Na aula tamén transplantaron os tomates cherry para despois podelos levar para as súas casas unha vez que medren, despois dos coidados dispensados no colexio.