O venres 23 de outubro celebramos no colexio o Día das Bibliotecas Escolares, que coincideu tamén c o Día Internacional contra o Cambio Climático ( 24 de outubro). O noso proxecto para este curso 2026-2027 leva por título : “Volvamos á orixe”. Un proxecto co que queremos por en valor os oficios tradicionais e artesanais de Galicia, destacando polo uso de técnicas ancestrais e de materiais naturais nobres, que promoven a sustentabilidade e a identidade cultural da nosa Comunidade. Preservar os oficios artesanais de sempre garanten o relevo xeracional, tan necesario para que non se perdan e queden no esquecemento. Deste xeito, a iniciativa abordará como a chuvia ou o sol determinaban as épocas de sementeira, recolleita ou o traballo ao aire libre dos pedreiros, a influencia da humidade na madeira para os carpinteiros ou a importancia do vento e a temperatura no secado das pezas de olería, e o estudo de refráns e predicións tradicionais que vinculan o tempo cos of...
No galiñeiro escolar contamos con dúas galiñas da raza de Mos. Ao alumnado gústalle coidalas, observalas e recollerlle os ovos diariamente, especialmente a aqueles nenos con diversidade funcional. Ao longo do curso fomos observando que durante o inverno ao haber menos horas de luz e baixar as temperaturas a produción de ovos disminue, en cambio, ao chegar a primavera suben as temperaturas, hai máis horas de día e as galiñas poñen mellor. O alumnado fixo un rexistro da produción de ovos e tamén tomou contacto coas aves. As galiñas son animais homeotérmicos, o que quere dicir que posúen a capacidade de manter unha temperatura interna relativamente constante, independientemente da temperatura ambiental, isto é fundamental para o funcionamento óptimo dos seus procesos fisiolóxicos. A temperatura somática profunda nas galiñas oscila entre 40,6 e 41,9ºC. Esta estabilidade mantense a través dunha complexa interacción de mecanismos metabólicos e conductuais. A zona de neutral...