Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

Día das Bibliotecas e Día Internacional contra o Cambio Climático

Como cada 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas e, aproveitando a ocasión,  inauguramos a biblioteca do centro para este curso académico . A maiores, e dada a coincidencia do día co Día Internacional contra o Cambio Climático, centrámonos na  temática medioambiental , relacionada coa nosa participación no  programa   Voz Natura  e co noso  proxecto de centro  que leva por título  Compromiso co medio que nos rodea. Para a conmemoración destes días, os compañeiros e compañeiras de quinto fixéronnos partícipes da  representación teatral  A Terra está enferma ,  na que abordamos a problemática real do planeta. Pola súa banda, as alumnas e alumnos de sexto, xunto coa colaboración doutros rapaces e rapazas dos distintos cursos, interpretaron o  rap  A reciclaxe , no que destacamos a importancia de reducir o consumo e efectuar unha correcta e selectiva recollida dos residuos.  Así mesmo, tamén fixemos entrega a cada curso de agasallos para promover o compromiso con esta causa e que

Videos medioambientais

 Bo día! Achegamos materiais e recursos visuais para traballar e reflexionar sobre o coidado do noso planeta.