Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2025

MANUALIDADES SOSTIBLES DE OUTONO .

Durante a estación do outono as distintas clases estiveron facendo manualidades para as que empregaron elementos naturais e tamén reutilizaron outros materiais. Quedaron chulísimas!                      

POLO NADAL.

  Neste mes celebramos estas festas navideñas decorando os distintos corredores e aulas utilizando materiais nobres ou reciclados. Tamén se empregou a pasta de papel reciclado para elaborar manualidades. Seguindo na idea de reducir residuos e tratando de non ser tan consumistas o noso alumnado redactou a súa carta aos Reis Magos e a Papá Noel  pedindo un só agasallo.  Os novos almanaques do ano 2026 diseñáronse con imaxes relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus" e en particular coa subtemática de cada clase.  A rapazada de infantil visitou As Aldeas de Nadal en Lalín, onde a madeira é o elemento base para a elaboración das construcións. Amais, na exposición hai unha mostra de decorados en miniatura, onde se empregan elementos naturais como poden ser as landras.

MODELAXE CON MONDAS DE LARANXA.

 O alumnado de 1º experimentou a modelaxe empregando mondas de laranxa. Durante uns días gardamos as  mondas das laranxas e mandarina que comemos, despois cun coitelo partímos a tona cun coitelo en tiras pequenas, logo engadimos unha pouca auga e cola blanca.Trituramos a mestura cunha batidora, colamos a pasta cun coador e con bastidores. Unha vez que espesou coa axuda de moldes de plástico  o alumnado foi enchendo os moldes coa pasta dándolle forma.