O alumnado de 1º experimentou a modelaxe empregando mondas de laranxa. Durante uns días gardamos as mondas das laranxas e mandarina que comemos, despois cun coitelo partímos a tona cun coitelo en tiras pequenas, logo engadimos unha pouca auga e cola blanca.Trituramos a mestura cunha batidora, colamos a pasta cun coador e con bastidores. Unha vez que espesou coa axuda de moldes de plástico o alumnado foi enchendo os moldes coa pasta dándolle forma.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...



































Comentarios
Publicar un comentario