Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2024

FAUNA E FLORA NA REGUEIFA

Practicamos esta regueifa relacionada co noso proxecto de centro "A defensa das nosas especies: o noso mellor legado" coa melodía de  Pinto de Herbón e Luís " o Caruncho" na Solaina de Piloño.

EFEMÉRIDES ECOLÓXICAS

  Co propósito global de fomentar no noso alumnado a sensibilización e promover a acción para a protección do planeta elaboramos, a comezos de curso, un calendario das  efemérides ecolóxicas que teñen lugar ao longo do curso escolar.     

PARLADOIRO SOBRE AS ABELLAS

Unha vez máis, o noso apicultor da zona, David Liñares, visitou ás nenas e nenos de 4º de primaria para recordar a importante tarefa que desempeñan as abellas para conservar a biodeversidade das especies. Tamén aproveitou para promocionar  a III Feira Internacional de Apicultura de Lalín que se celebra este fin de semana e a cal se encarga el de organizar.

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL 26 DE XANEIRO

 No segundo trimestre proseguimos coa colocación dos carteis identificadores das árbores do noso patio escolar, nesta ocasión, coincidindo co  26 de xaneiro, o día en que se conmemora a Educación Ambiental. Cada clase preparou un video presentando unha árbore determinada e despois colocoulle o cartel identificador .                                                                                                                                                                                                                     

PREPARANDO A HORTA

 Hoxe estivo unha mañá estupenda, con boa temperatura para preparar un pouquiño a nosa horta, despois de tantos días de chuvia precisaba certas tarefas como: sacar as estacas dos tomates, quitar os talos secos dalgunhas plantas e arrincar as malas herbas, asi que puxémonos mans á obra.