Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

Compostaxe Caseira

Da man de ADEGA, que nos está facendo propostas moi interesantes, deixámosvos este vídeo onde explican que residuos podemos botar no noso composteiro caseiro. Volveremos con moito aprendido para aplicar no noso composteiro do colexio!

Xabón de cinza

Si, si... O que pon no título non é un erro. IMOS FACER XABÓN CON CINZA! Para que nos saia todo ben imos seguir os pasos que nos dan dende ADEGA. Prestade atención que comezamos! E lembrade que estas actividades cómpre facelas acompañadas dunha persoa adulta para evitar riscos.

Rexistro de aves dende a fiestra

Aínda que nos quedemos na casa, con só abrir unha ventá podemos seguir investigando sobre o mundo que nos rodea.  Desta volta gustaríanos que elevásedes a vista ao ceo. Que paxaros vedes de maneira habitual? Para aprender un pouco sobre esas aves, deixámosvos un PDF para facer un rexistro que nos achegan dende ADEGA. Ao final do confinamento igual hai algunha ornitóloga entre nós!

Xabón líquido para a lavadora

Seguro que a moitas de vós vos da moita preguiza poñer a lavadora e logo tender a roupa. Pero que pasaría se participamos en todo o proceso? E cando dicimos todo é TODO!  IMOS FACER XABÓN! Seguide as instrucións e anotádeas ben para facer logo os cálculos e que non nos equivoquemos na elaboración. Agardamos polos comentarios que nos digan a que arrecende a súa roupa! E lembrade que estas actividades cómpre facelas acompañadas dunha persoa adulta para evitar riscos.

Reducimos a cantidade de residuos

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) achéganos unha actividade de recollida de datos que pode entreter durante un tempo diario ás máis pequenas e pequenos da casa. En lugar de facer unha descrición da actividade, deixámosvos que sexa a propia ADEGA a encargada da explicación a través do seguinte PDF: