Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

DAVID LIÑARES FÁLANOS DAS ABELLAS

  O mércores 18 de xaneiro, malia que as temperaturas eran baixas e as chuvias  abundantes, David Liñares, un apicultor da nosa zona, visitounos para falarnos da importancia das abellas na naturaleza. Contounos que son insectos voadores e levan máis de cen millóns de anos vivindo na Terra, son máis antigas ca os dinosaurios, amais polinizan as plantas e fan mel.  As abellas voan de flor en flor buscando o néctar e o polen. O polen engánchase no seu corpo e nas patas, despois cando se pousan noutra flor, o fino polviño cae no estigma desa flor, contribúen deste xeito  a que haxa variedade de flores.              

ECO RETO DE XANEIRO

  Bos días.  Estreamos o 2023 con outro reto para a actual edición Voz Natura 22/23: Durante o mes de xaneiro , o reto que vos propoñemos é:   Divulgamos para sensibilizar a la sociedad sobre la necesidad de cambiar nuestras acciones sobre el medio, prevenir y solucionar los problemas ambientales y promocionar el desarrollo sostenible .  Hashtag :  #RetoDivulgamos . Na nosa web, tedes todos os datos para darlle difusión ás vosas accións medioambientais nas Redes Sociais:  https://www.voznatura.com/articulo-de-actividad-2575-ECO-RETOS-VOZ-NATURA  Apertas do equipo Voz Natura! Programa Voz Natura Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre Tef: +34 981 180 418 http://www.voznatura.es http://www.facebook.com/voznatura https://www.instagram.com/voznatura/

A HORTA NO 1º TRIMESTRE

  Ao comezo do curso fíxose unha recolleita dos cultivos plantados na primavera na nosa horta escolar, como foron: cenorias, patacas, allos, tomates, alquequenxes, cabazas, as pipas dos xirasois e tamén as noces da nogueira que temos na carballeira. No mes de outubro o alumnado de 4º de primaria transplantou nabicol   no seu bancal e os nenos e nenas de 3º fixeron unha sementeira   de landras e castañas, contribuíndo así á proliferación dos bosques autóctonos de Galicia como son os soutos e carballeiras. Como ben di o dito: " O que queira ter bo allal plánteo no Nadal" os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria seguiron o consello e puxéronse ao traballo en decembro. No outono tamén plantamos roseiras donadas pola avoa de María González Sampayo. Estamos desexando que chegue a primavera para poder gozar das súas fermosas cores. Outro dos traballos importantes do outono foi a recolleita de follas para empregalas como material estructurante nos nosos composteiros escolares.

XOSÉ LUIS FACTOR INFORMA SOBRE OS COGOMELOS.

  O mércores 21 de decembro Xosé Luis Factor achegouse ao noso centro de maneira altruista para amosarnos as características e perigos das ditintas variedades de cogomelos. Agora está recén xubilado, pero durante a súa etapa laboral exerceu de veterinario na administración pública, tamén é unha persoa comprometida coa axuda social, pois forma parte da  asociación O Mencer   e por último, cabe destacar a súa gran afección musical, xa que é membro da coral de Agolada. Unha persoa polifacética e autodidacta que nos ensinou moito sobre os cogomelos.