Saltar ao contido principal

A HORTA NO 1º TRIMESTRE

 

Ao comezo do curso fíxose unha recolleita dos cultivos plantados na primavera na nosa horta escolar, como foron: cenorias, patacas, allos, tomates, alquequenxes, cabazas, as pipas dos xirasois e tamén as noces da nogueira que temos na carballeira.





No mes de outubro o alumnado de 4º de primaria transplantou nabicol  no seu bancal e os nenos e nenas de 3º fixeron unha sementeira  de landras e castañas, contribuíndo así á proliferación dos bosques autóctonos de Galicia como son os soutos e carballeiras.




Como ben di o dito: " O que queira ter bo allal plánteo no Nadal" os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria seguiron o consello e puxéronse ao traballo en decembro.


No outono tamén plantamos roseiras donadas pola avoa de María González Sampayo. Estamos desexando que chegue a primavera para poder gozar das súas fermosas cores.


Outro dos traballos importantes do outono foi a recolleita de follas para empregalas como material estructurante nos nosos composteiros escolares.


No outono foi o momento axeitado para poder transplantar algunhas árbores ornamentais co proposito de facer sombra para poder xogar no areeiro cando veñan os días moi calorosos.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

EUCALIPTOS NON, CARBALLOS SI. Educación Infantil.

  Para rematar coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus" o grupo de  Educación Infantil foi o curso encargado de dar fin a este  proceso expositivo co seu traballo "Eucaliptos non, carballos si" conmemorando o Día Internacional da Diversidade Biolóxica celebrado o 22 de maio. Acompañaron a exposión cunha canción sobre os árbores da fraga na que as árbores autóctonas non aceptaban ao eucalipto na fraga por ser unha especie foránea. Unha investigación realizada pola Universidade de Oviedo/Uviéu revela que a introdución de especies coma o eucalipto pode causar grandes impactos na capacidade que teñen os bosques autóctonos para mitigar o cambio climático, pois está en perigo a súa capacidade para almacenar carbono no chan. O eucalipto non é unha árbore aborixe, fai anos que chegou á península Ibérica  procedente do continente australiano como árbore ornamental de xardíns, que se acabou  plantando...