Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

O XARDÍN DE ROSALÍA

 O 23 de febreiro festexamos o anivesario do nacemento da poeta Rosalía de Castro, é unha data na que a sociedade galega se contempla a si mesma para entenderse e recoñecerse e para festexar a propia identidade. Os versos e as palabras de Rosalía son esixentes e requiren da nosa lectura profunda, da nosa escoita e da nosa mirada atenta. A súa obra, a súa vida, o seu padecemento, o seu ollar, o seu sentir, son a alma enteira da nosa Terra. Os versos rosalianos semellan andoriñas viaxeiras de eterno retorno, son verdadeiros cantos de esperanza. Son moitos os poemas nos que Rosalía manifesta un fondo compromiso con Galicia, cos galegos e as galegas, coa lingua, coa cultura e tamén co medio ambiente. É a natureza un tema recorrente na súa obra e a paisaxe de Galicia un dos elementos máis descritos na súa poesía. Renovemos con ela ese compromiso para acadar un tempo de xustiza e de esperanza. Ela ensinounos a loitar por un futuro mellor e "celebrar que o millo medre e que os paxariños

MUV NA ESCOLA RURAL

Desde o 30 de xaneiro ata o 17 de febreiro,  grazas a Fundación María José Jove,  contamos coa presenza no noso colexio do MUV, Museo Virtual na escola rural. O que pretende esta fundación é achegar o arte ás escolas situadas en zonas rurais de Galicia, que pola distacia ás urbes teñen máis difícil o acceso á cultura e ao arte. A temática central do proyecto é o medioambiente, un tema vital no currículo educativo. Trabállanse 4 conceptos principais: o corpo, a contorna, a alimentación e a convivencia.    A verdade que resultou unha gran experiencia, pois foi como se fixeramos unha excursión real ao museo.  Despois de visitar o museo virtual os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de primaria deixáronse   influenciar polas obras d@s grandes artístas e  animáronse a crear composicións cun toque naturalista.        

4º EXPÓN O TRABALLO SOBRE O SOL E A LÚA

Coincidindo co día dos namorados, o alumnado de 4º de primaria fixo a súa exposición do traballo correspondente ao proxecto "Compromiso co medio que nos rodea" titulado: "A lúa e o sol". Recordáronnos as fases lunares, a influencia nas mareas, o sol como elemento esencial para garantir a vida na terra e as enerxias renovalbles. Tamén houbo recitado de poemas, de refráns e contos relacionados con esta parella astral.

SEMENTEIRAS

  Para ir adiantando o traballo estivemos sementando en bandexas chícharos e plantas aromáticas, deste xeito cando melloren as temperaturas faremos os transplantes  aos bancais .

A HORTA EN XANEIRO

  Agora no inverno, aproveitamos os días solleiros para facer os traballos de preparación dos bancais, eliminando as malas herbas que foron medrando coas chuvias abondosas do primeiro trimestre. Tamén espetamos dous regos de  verzas nun dos extremos e nas beiras do cerrado fomos colocando plantas aromáticas coma: herba luisa, romeu, ourego, ruda... para favorecer a polinización e reducir as plagas.