Saltar ao contido principal

MUV NA ESCOLA RURAL


Desde o 30 de xaneiro ata o 17 de febreiro, grazas a Fundación María José Jove, contamos coa presenza no noso colexio do MUV, Museo Virtual na escola rural. O que pretende esta fundación é achegar o arte ás escolas situadas en zonas rurais de Galicia, que pola distacia ás urbes teñen máis difícil o acceso á cultura e ao arte. A temática central do proyecto é o medioambiente, un tema vital no currículo educativo. Trabállanse 4 conceptos principais: o corpo, a contorna, a alimentación e a convivencia.  A verdade que resultou unha gran experiencia, pois foi como se fixeramos unha excursión real ao museo. 

Despois de visitar o museo virtual os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de primaria deixáronse influenciar polas obras d@s grandes artístas e animáronse a crear composicións cun toque naturalista.


       






Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.

OS PITOS NO GALIÑEIRO

 Como os pitiños xa están moi grandes, hoxe a rapazada de 6º de infantil fixo o traslado ao galiñeiro. A partir de agora xa van poder andar por fóra e picar na herba. Que ben o van a pasar!!