Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2023

ECO-RETO OUTUBRO VOZ NATURA

  Comeza unha nova edición dos  ECO-RETOS mensuais  Voz Natura!   O obxectivo principal desta actividade é visibilizar as vosas accións ambientais e impulsar a acción e concienciación ambiental. A partir de outubro e ata o mes de xuño, propoñerémosvos, mensualmente, un eco-reto para realizar actividades de recuperación e defensa ambiental no cole, no contorna, na casa, con amigos, etc. e compartir, en redes sociais, os vosos logros de protección da natureza. Aquí tedes o  eco-reto do mes de outubro :  https://www.voznatura.com/articulo-de-actividad-2871-ECO-RETOS-VOZ-NATURA&idioma=Galego  

PARLADOIRO SOBRE FROITAS DE TEMPADA

 Xa fai tres anos que Marcial Barral non forma parte da nosa comunidade educativa, onde exerceu o labor de coidador, ademais sempre foi unha persoa moi comprometida co coidado do medio ambiente e forma parte de asociacións ecoloxistas que loitan polo desenvolvemento sostible. Hoxe fíxonos unha visita para falarnos das froitas autóctonas, dos produtos de outono, da conveniencia de consumir produtos de tempada e de proximidade, de que os cultivos deben ser extensivos e non intensivos... Fíxonos reflexionar sobre a necesidade de coidar a terra, de non facer un uso excesivo dos recursos naturais e non empregar pesticidas, deste xeito acadaremos unha mellor calidade de vida. Moitas grazas Marcial.

INCUBANDO OVOS DA RAZA DE MOS

Hoxe foi un día especial no noso colexio . Durante a primeira hora da mañá chegou a visita de Diego Rois, director técnico da  Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos, AVIMÓS.  Os membros desta asociación, contando co apoio da Administración Galega, quixeron recuperar esta raza en perigo de extinción e darlle a importancia que se merece organizando un programa de  recuperación, conservación e fomento desta casta . Trátase dunha galiña orixinaria de Galicia, unha das razas máis antigas da Península Ibérica, aínda que nas últimas décadas estivo a piques de desaparecer  mesmo podemos gozar da súa beleza e calidade dos seus produtos coma noutros tempos.  É unha galiña moi dura, que se adapta perfectamente a unhas condicións meteorolóxicas adversas; posúe unha crista pequena, en chícharo, con tres filas de papilas ou puntos. Debe o seu nome á parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, xa que foi nesta zona onde se comezou o proceso de selección para a recupera

PAPILIO MACHAON

 Nesta primeira semana de curso tivemos a oportunidade de observar no colexio a unha eiruga moi fermosa, trátase dun PAPILIO MACHAON. Ari, de 5º de primaria,  tivo a xentileza de compartir con nós esta bonita experiencia. Ao chegar o outono, esta eiruga aparécelle polos arredores da súa casa e este ano meteuna nun terrario para amosarnos a súa metamorfose. Despois Ari, con moito ánimo, preparou unha pequena charla informativa para os nenos e nenas de educación infantil xunto aos seus compañeiros de aula María e Pablo. O resto dos cursos de primaria tamén gozaron da presenza desta bela eiruga. O macaón, Papilio machaon , tamén coñecida como cola de andoriña, galo ou voíña , é unha das bolboretas máis comúns de Europa, mais este insecto tende a desaparecer dende hai algunhas ducias de anos. O seu hábitat comprende dende o nivel do mar ata os 2.000 metros, en prados e zonas floreadas. O macaón ten entre 32 e 56 mm de envergadura e caracterízase polas prolongacións que posúe nas ás poste

EXPOSICIÓN SOBRE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS.

  Dentro do Proxecto Fluviatilis: custodia para a resiliencia , ADEGA ( Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia)  promove unha serie de actividades de educación, sensibilización e educación ambiental co obxectivo de dar a coñecer os problemas ambientais que ameazan os ecosistemas fluviais, así como promover actitudes e comportamentos que redunden nunha mellora dos ríos. Este proxecto está apoiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transación Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación,Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea NextGenerationEU  Co título Unha invasión silenciosa.A biodiversidade baixo ameaza o xoves 21 de setembro, da man desta asociación,  chegou ao noso centro   a exposición itinerante sobre especies exóticas invasoras, que permanecerá ata o día 6 de outubro. Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria tiveron unha visita guiada dirixida polo coordinador deste proxecto, quen destacou a prob