Saltar ao contido principal

EXPOSICIÓN SOBRE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS.

 Dentro do Proxecto Fluviatilis: custodia para a resiliencia, ADEGA ( Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia)  promove unha serie de actividades de educación, sensibilización e educación ambiental co obxectivo de dar a coñecer os problemas ambientais que ameazan os ecosistemas fluviais, así como promover actitudes e comportamentos que redunden nunha mellora dos ríos. Este proxecto está apoiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transación Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación,Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea NextGenerationEU

 Co título Unha invasión silenciosa.A biodiversidade baixo ameaza o xoves 21 de setembro, da man desta asociación, chegou ao noso centro  a exposición itinerante sobre especies exóticas invasoras, que permanecerá ata o día 6 de outubro. Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria tiveron unha visita guiada dirixida polo coordinador deste proxecto, quen destacou a problemática que estas especies exóticas supoñen para os ecosistemas fluviais, destacando os impactos dende o punto de vista económico e de saúde pública.

















Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.