O venres, 24 de outubro, o alumnado de 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria visitou a Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón. Dedicaron un bo tempo a observar o xardín, un recuncho marabilloso onde medran moitas das plantas que cita na súa obra e que reflite a paixón que Rosalía sentía pola natureza e o seu coidado. Aproveitaron este espazo para merendar e recitar algúns dos seus poemas que tanto nos gustan recordar. Logo xa no interior da Casa Museo, unha guía foilles explicando cada un dos obxectos, cadros, figuras, todo o relacionado coa vida e obra desta gran escritora, pero o que máis lles impresionou foi ver a cama onde Rosalía de Castro pronunciou as súas derradeiras palabras antes de brilar como estrela no firmamento: "Ábreme a fiestra que quero ver o mar". Coñecen e admiran a Rosalía e por fin puideron contemplar o lugar máxico onde ela pasou parte da súa vida e onde escribiu moitos dos seus fermosos poemas. Po...