Aproveitando o bo tempo do outono comezamos cos obradoiros do papel reciclado para o cal empregamos restos de papel sobrante desfeito en anaquiños pequenos, ao que engadimos cola e auga. Logo cunha variña de bater desfixémolo formando unha pasta. Despois tivemos que pescar os anaquiños de papel cun bastidor, colocalos sobre unha tea e por último prensalos.
































Comentarios
Publicar un comentario