Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2024

VERMES NOS BUXOS

Xa temos de novo os buxos da carballeira con vermes, trátase da   Cydalima p erspectalis , coñecida co nome de avelaíña do buxo, é un insecto invasor cuxo alimento son as follas dos arbustos da familia buxus.  A bióloga Rosa Pérez Otero, d a Estación Fitopatolóxica de Areeiro  en Pontevedra, sinala que “ as primeiras observacións en Galicia foron a finais do verán de 2014” . O máis probable é que chegase en plantas ornamentais desde Asia introducidas en contedores que non pasaran controis fitosanitarios nos portos de saída. “E sta praga, como todas as que veñen do leste de Asia veu para quedar”.  “ Os vermes desta avelaíña, as eirugas, comen as follas aínda que poden darse casos de afectar a coda da árbore e por aí poden entrar os fungos ” que logo poden acabar co buxo.  "As eirugas dentro dos seus niños non entran en contacto coa substancia insecticida porque os casulos son de fíos de seda moi dura e logo cubertos polas follas da árbore”   di Pérez Otero.  “ A mellor maneira é
Na aula de 3º levamos tempo traballando no noso P roxecto dos ANFIBIOS , que está enmarcado dentro do Proxecto Anual de centro: "A defensa das nosas especies: o noso mellor legado".  O xoves 21 foi o día de amosarlles ao resto do alumnado o resultado final. E aínda que había moitos nervios, todo saíu moi ben e conseguimos transmitir a nosa mensaxe:  Soamente para comezar, e para que tiveran unha idea da importancia desta especie de animais, contámoslles que: - Cumpren un importante rol ecolóxico, pois coidan da nosa saúde ao comer insectos que transmiten enfermidades como o Dengue ou a Zika. - Contribúen ao coidado dos cultivos, pois aliméntanse de insectos que poden producir pragas. - Son alimento para outros animais como mamíferos, aves, réptiles, peixes e incluso insectos e arañas. - Arredor de 100 especies de anfibios son estudadas para recoñecer substancias con propiedades analxésicas, antibióticas ou con capacidades rexenerativas de extremidades. E mellor que

FOGARES PARA MORCEGOS

Os quirópteros ou morcegos son unha orde de mamíferos placentarios cuxas extremidades superiores se desenvolveron como ás. Con aproximadamente 1.100 especies, representan aproximadamente un 20% de todas as especies de mamíferos, o que os converte na segunda orde máis numerosa desta clase.  Estes pequenos mamíferos son tan descoñecidos como esenciais nos ecosistemas onde habitan. Para a agricultura tamén son imprescindibles no control biolóxico de plagas, xa que son moi eficaces para controlar insectos nocivos para os cultivos, como poden ser algúns tipos de avelaíñas. Amais, funcionan como espalladores naturais de sementes e polinizadores de flores nocturnas como o agave. Os seus excrementos son recollidos e comercializados como fertilizante moi demandado e de gran valor no mercado. Dende o colexio queremos contribuir coa súa supervicencia, por iso, grazas á donación da familia Feijoó Quan, colocamos no noso patio exterior dúas casiñas para morcegos. Moitas grazas a Lorena e a Óscar po

NA PRIMAVERA OS PAXAROS DA CONTORNA

 Quixemos celebrar a entrada da primavera coa presentación de varios paxariños que habitan na nosa contorna. Cada clase encargouse de presentar oralmente unha pequena información sobre un paxaro en concreto, rematamos encoitando o seu harmonioso canto accedendo a un código QR. Escollemos a Aula da Natureza para facer esta actividade, un lugar idóneo pola súa riqueza sonora e visual.

OBRADOIRO DE XABÓN

Contando coa colaboración de Lorena Quan, unha das mamás do noso colexio, organizamos un obradoiro para elaborar xabón caseiro. Xuntámonos na carballeira para utilizar a nosa Aula da Natureza, estaba unha mañá moi agradable para estar ao aire libre. Seguimos con atención as explicacións de Lorena para aprender a facer o xabón e podelo explicar  posteriormente  nas nosas casas. Como a sosa cáustica é peligrosa, a persoa que a manipula debe ter precaución e  utilizar gafas, luvas e máscara. Os ingredientes que se precisas son: 1 litro de auga 1 litro de graxa de porco 130 gramos de sosa cáustica. Primeiro botamos nun caldeiro a auga fría, engadimos pouco a pouco a sosa e remexemos cunha culler, con moito coidado, para ir facendo a mestura, sempre no mesmo sentido. Este proceso provoca un aumento de temperatura. Como xa tiñamos a graxa derretida, despois fómoslla engadindo á mestura anterior e seguimos remexendo. Para que espesara pronto empregamos unha batedeira. Por último, baleiramos o