Quixemos celebrar a entrada da primavera coa presentación de varios paxariños que habitan na nosa contorna. Cada clase encargouse de presentar oralmente unha pequena información sobre un paxaro en concreto, rematamos encoitando o seu harmonioso canto accedendo a un código QR. Escollemos a Aula da Natureza para facer esta actividade, un lugar idóneo pola súa riqueza sonora e visual.
No segundo trimestre proseguimos coa colocación dos carteis identificadores das árbores do noso patio escolar, nesta ocasión, coincidindo co 26 de xaneiro, o día en que se conmemora a Educación Ambiental. Cada clase preparou un video presentando unha árbore determinada e despois colocoulle o cartel identificador .
Comentarios
Publicar un comentario