Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Curso 2023-2024

Proxecto "Do ovo á galiña".

Como xa sabedes, no mes de setembro visitábanos un membro de   AVIMÓS   (Asociación de avicultores de   raza galiña de Mos ) para   poñer en marcha unha incubadora con ovos   e posteriormente obter pitiños que nun futuro se puideran hospedar no noso   galiñeiro . E así foi como comezamos a ver esta marabillosa aventura que é o proceso de crear vida. 21 días tivemos que esperar para que dera o seu froito e o pasado xoves 19 naceron 9 pequeniños pitiños amarelos que xa temos no interior do centro con todas as comodidades posibles para que medren pronto e poder estrear o noso galiñeiro. Durante todo este proceso, na aula de 3º E.P. quixeron investigar un pouco máis sobre estas aves, e foi así como comezaron o  Proxecto "Do ovo á galiña" . Aquí vos amosamos un pouco dese traballo. Esperamos que vos guste! "A clave de todo é a paciencia. Obtés a galiña ao incubar o ovo, non ao rompelo" Arnold H. Glasow