Saltar ao contido principal

Proxecto "Do ovo á galiña".

Como xa sabedes, no mes de setembro visitábanos un membro de AVIMÓS (Asociación de avicultores de raza galiña de Mos) para poñer en marcha unha incubadora con ovos e posteriormente obter pitiños que nun futuro se puideran hospedar no noso galiñeiro.





E así foi como comezamos a ver esta marabillosa aventura que é o proceso de crear vida. 21 días tivemos que esperar para que dera o seu froito e o pasado xoves 19 naceron 9 pequeniños pitiños amarelos que xa temos no interior do centro con todas as comodidades posibles para que medren pronto e poder estrear o noso galiñeiro.





Durante todo este proceso, na aula de 3º E.P. quixeron investigar un pouco máis sobre estas aves, e foi así como comezaron o Proxecto "Do ovo á galiña". Aquí vos amosamos un pouco dese traballo. Esperamos que vos guste!





"A clave de todo é a paciencia. Obtés a galiña ao incubar o ovo, non ao rompelo"
Arnold H. Glasow

Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.