Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2023

AXENDA URBANA LOCAL DE LALÍN

 Hoxe tivemos a visita  formativa de dous monitores da Axenda Urbana Local ( AUL)que viñeron a presentar ao alumnado de 5º e 6º de primaria o proxecto de desenvolvemento sostible do Concello de Lalín, financiado e impulsado polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. Lalín é un dos 121 concellos seleccionados en toda España polo Ministerio no tramo de 20.001 a 50.000 habitantes para financiar o deseño e implementación da súa Axenda Urbana Local e poder servir de exemplo de adaptación da Axenda Urbana 2030 a municipios pequenos e rurais. Esta axenda fomenta a colaboración de diversos actores, incluidas as administracións públicas, os centros de formación, as organizacións privadas e a cidadanía. Unha das súas metas consiste en promover o crecemento, a habitalidade e a innovación dos espazos, contribuíndo á consecución de un desenvolvemento urbano e rural en liña con Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que marca a Axenda 2030. O dispoñer dunha AUL facilita o acceso a ax

Merendas saudables e sostibles

 Dende o CEIP Xoaquín Loriga de Prado consideramos primordial a importancia de promover no noso alumnado hábitos de vida saudable e unha boa alimentación, xa que así poderá medrar e desenvolverse plenamente en todas as etapas da súa vida, tendo menos posibilidades de padecer transtornos nutricionais, anemia, sobrepeso, obesidade, caries dental e problemas de aprendizaxe escolar e previndo certas patoloxías na idade adulta como: enfermidades cardiovasculares, diabetes ...

ASOCIACIÓN CULTURAL BOLARQUEIRA

 O 15 de novembro tivemos a visita da Asociación Cultural Bolarqueira de Noceda. Esta asociación  falounos da importancia de dinamizar culturalmente o rural, de actuar sempre con prespectiva de xénero no asociacionismo e de desenvolver unha educación ambiental. Este grupo veciñal  organiza con frecuencia rutas de sendeirismo pola redonda, tamén fan xornadas de limpeza pola beira do río, na carballeira de Lamas e polos lugares da parroquia, recollendo quilos e quilos de lixo eliminado das contornas naturais. Esta actividade formou parte do proxecto "Igualdade en xogo. Educando para o cambio" impulsado pola anpa do colexio e dirixida  polo colectivo Sororas coa finalidade de promover a igualdade e previr a violencia de xénero. A actividade rematou coa realización dun mural colectivo no que se destacou o protagonismo de Rosalía de Castro e o seu amor polos elementos da natureza na súa vila de Padrón.

RECOLLENDO A FOLLA

Despois de tantos días chuviosos, hoxe fixo moi bo tempo e quixémolo  aproveitar  apañando parte da folla que temos espallada polo patio do colexio. Xuntámola e metémola  en sacos e caixas para podela empregar como materia seca no composteiro escolar. Os nenos e nenas de infantil traballaron con moito ánimo no desempeño deste traballo.