Saltar ao contido principal

AXENDA URBANA LOCAL DE LALÍN

 Hoxe tivemos a visita  formativa de dous monitores da Axenda Urbana Local ( AUL)que viñeron a presentar ao alumnado de 5º e 6º de primaria o proxecto de desenvolvemento sostible do Concello de Lalín, financiado e impulsado polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.

Lalín é un dos 121 concellos seleccionados en toda España polo Ministerio no tramo de 20.001 a 50.000 habitantes para financiar o deseño e implementación da súa Axenda Urbana Local e poder servir de exemplo de adaptación da Axenda Urbana 2030 a municipios pequenos e rurais. Esta axenda fomenta a colaboración de diversos actores, incluidas as administracións públicas, os centros de formación, as organizacións privadas e a cidadanía. Unha das súas metas consiste en promover o crecemento, a habitalidade e a innovación dos espazos, contribuíndo á consecución de un desenvolvemento urbano e rural en liña con Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que marca a Axenda 2030. O dispoñer dunha AUL facilita o acceso a axudas europeas e estatais orientadas a invertir nas liñas de actuación citadas como obxectivos.

Despois de falar sobre a contaminación, a destrución de ecosistemas, o cambio climático etc. e analizar o impacto que teñen, tanto para a natureza como para a saúde das persoas, os nenos e nenas de 2º ciclo tiveron que propoñer ideas de  como a eles e elas lles gustaría  que fose o Lalín do futuro.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.

OS PITOS NO GALIÑEIRO

 Como os pitiños xa están moi grandes, hoxe a rapazada de 6º de infantil fixo o traslado ao galiñeiro. A partir de agora xa van poder andar por fóra e picar na herba. Que ben o van a pasar!!