Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

TRAMPAS PARA AS AVELAÍÑAS DOS BUXOS

 A verdade é  que este ano estanos resultando moi difícil eliminar os vermes dos buxos. Xa levamos un mes sulfatando  semanalmente con  Bacillus thuringiensis , un pesticida biolóxico, pero é complicado erradicalos, así que compramos unha trampa con feromonas para atrapar as avelaíñas dos buxos e deste xeito poder reducir a posibilidade de reprodución da especie. Esperamos que resulte efectiva, porque  daríanos moita mágoa que nos quedaramos sin estes buxos que levan moitos anos dando verdor no noso patio.

OS ANIMAIS NA LITERATURA

 Hoxe tivo lugar no noso centro un encontro literario con  Ana Meilán, que amais de ser unha gran creadora literaria tamén é unha estupenda contadora de contos. Entusiasmáronnos os seus contos de ratiños, sereas e bruxas que levaban por título: "Quen vén esta noite?" ,"Gertrudis busca traballo" e "O que a serea esqueceu". Ata as nosas nenas e nenos tiveron a oportunidade de inventar historias nas que interviñan distintos elementos da natureza. Foi unha xornada moi creativa e motivadora.                                         

FROITAS DE ANIMALIÑOS

 As aulas de infantil decidiron facer  esta semana un obradoiro de froita fresca con forma de animais mamíferos ( ovellas, leóns e osos. Primeiro practicaron as dotes artísticas construindo as formas e despois degustaron a froita. Tamén contaron o conto "Marcelina na cociña". Este taller forma parte do seu traballo de investigación sobre os mamíferos, dentro do proxecto de centro titulado "A defensa das nosas especies, o noso mellor legado".