Hoxe tivo lugar no noso centro un encontro literario con Ana Meilán, que amais de ser unha gran creadora literaria tamén é unha estupenda contadora de contos. Entusiasmáronnos os seus contos de ratiños, sereas e bruxas que levaban por título: "Quen vén esta noite?" ,"Gertrudis busca traballo" e "O que a serea esqueceu". Ata as nosas nenas e nenos tiveron a oportunidade de inventar historias nas que interviñan distintos elementos da natureza. Foi unha xornada moi creativa e motivadora.
O Día Internacional do Libro foi fixado pola UNESCO no ano 1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes . En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...














Comentarios
Publicar un comentario