Hoxe apareceu polo colexio unha nova visitante, a vacaloura. Os nenos e nenas extrañáronse ao ver este insecto nada común, primeiro vírono na horta e despois na parede do pavillón; estivérono observando un bo anaco. A vacaloura é, xunto ao capricornio ( Cerambyx cerdo), o escaravello de maior tamaño de Europa. “Pertence á Familia Lucanidae, que na Península Ibérica consta de 9 especies. En Galicia temos 5, onde esta especie dende logo, é a máis espectacular”, explica Pablo Torrella , conservador do museo da Sociedade Galega de Historia Natural e un dos principais expertos neste insecto. O gran tamaño das mandíbulas dos machos é, segundo Torrella, unha clara mostra da selección natural que observou Charles Darwin. As vacalouras macho válense das súas mandíbulas para loitar entre elas na procura das femias. Así, “as diferenzas de tamaño de mandíbula son de vital importancia ecolóxica para os exemplares, xa que os que maior tamaño presentan son os que terán maior posibilid...