Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2023

XA VAN MEDRANDO

 Hoxe os pitiños tiveron que mudar de casa. Xa van facer 15 días e cada semana que pasa van medrando e cambiando o seu aspecto físico. Na primeira semana saíronlle as plumas castañas das ás e esta semana botaron as do rabo. A caixa de cría que tiñan dende o primeiro día xa lles quedaba pequena, así que hoxe estrearon un novo fogar, agora si que teñen espazo! Imaxes da primeira semana de vida Imaxes con tres semana de vida. Xa lles medraron máis as plumas e son de cor marrón. Xa lles oscurecen as plumas da cabeza. O público contempla os cambios que se van poducindo nos pitiños. Xa teñen un mes, as plumas son todas de cor marrón. Como están tan grandes esta semana xa lles retiramos a bombilla de calor. Agora cando os observamos ata nos adican unha mirada de complicidade.

COLABORANDO CUNHA ASOCIACIÓN BENÉFICA

 No curso pasado foise xuntando unha boa morea de roupa usada á que nunca lle apareceu nin dono nin dona, por iso pensamos que sería unha boa idea donala a unha asociación sen ánimo de lucro dentro do concello de Lalín que axude a familias necesitadas. Primeiro levamos a proposta ao Consello Escolar para que a  aprobasen, unha vez conseguido o seu consentimento encamiñámonos coa caixa da roupa ao Desván Municipal de Lalín, onde atopamos un montón de voluntarios e voluntarias organizando caixas de vestimenta. Penso que atinamos coa nosa idea de darlle unha segunda vida a esta roupa, así poderana empregar rapaces e rapazas que a precisen.

SAMAÍN

 Nesta semana celebramos o Samaín decorando cabazas e as portas das aulas.  Procuramos relacionar  o aderezo co proxecto de centro: "A defensa das nosas especies: o noso mellor legado", por iso nas portas apareceron: paxaros, morcegos, píntegas,voitres, plantas carnívoras, arañas, mouchos, serpes... A natureza amosou a súa versión máis terrorífica. Que medo!!!