No curso pasado foise xuntando unha boa morea de roupa usada á que nunca lle apareceu nin dono nin dona, por iso pensamos que sería unha boa idea donala a unha asociación sen ánimo de lucro dentro do concello de Lalín que axude a familias necesitadas. Primeiro levamos a proposta ao Consello Escolar para que a aprobasen, unha vez conseguido o seu consentimento encamiñámonos coa caixa da roupa ao Desván Municipal de Lalín, onde atopamos un montón de voluntarios e voluntarias organizando caixas de vestimenta. Penso que atinamos coa nosa idea de darlle unha segunda vida a esta roupa, así poderana empregar rapaces e rapazas que a precisen.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...








Comentarios
Publicar un comentario