Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2025

SEMENTANDO XIRASOIS EN 1º.

  Os nenos e nenas de 1º de primaria xa sementaron xirasois na súa aula. Fixérono en auga e tamén reutilizando os cilindros de papel hixiénico a modo de macetas.

OBRADOIRO DE XABÓN.

 Novembro é o mes da ciencia e nós celebrámolo cun obradoiro de xabón natural. Como sempre contamos coa colaboración de Lorena Quán, nai do noso compañeiro Xoán de 6º de primaria. Lorena falounos un pouco das  oríxes do xabón, dos ingredientes e dos distintos procedementos para a súa elaboración. O alumnado de 6º observou o proceso e colaborou na realización do obradoiro. Utilizamos os seguintes ingredientes: 1 litro de graxa de porco. 1 litro de auga.   130gramos de sosa cáustica. Na auga fría botamos a sosa. Unha vez derretida a graxa engadimos a mestura anterior e fomos remexendo e batendo moi amodo. Cando a mestura foi espesando baleirámola nuns moldes. Probamos a engadirlle un tinte natural de remolacha a unha pouca mestura, pero non obtivemos a cor violeta, saíunos un verde suave, e por último botámoslle unha gotiñas e esencia de laranxa. Por último tamén probamos a facer un pouco xabón líquido empregando: 1 litro de aceite usado. 435 ml de auga. 175 gramos de ...