Saltar ao contido principal

OBRADOIRO DE XABÓN.

 Novembro é o mes da ciencia e nós celebrámolo cun obradoiro de xabón natural. Como sempre contamos coa colaboración de Lorena Quán, nai do noso compañeiro Xoán de 6º de primaria. Lorena falounos un pouco das  oríxes do xabón, dos ingredientes e dos distintos procedementos para a súa elaboración. O alumnado de 6º observou o proceso e colaborou na realización do obradoiro. Utilizamos os seguintes ingredientes:

  • 1 litro de graxa de porco.
  • 1 litro de auga. 
  •  130gramos de sosa cáustica.

Na auga fría botamos a sosa. Unha vez derretida a graxa engadimos a mestura anterior e fomos remexendo e batendo moi amodo. Cando a mestura foi espesando baleirámola nuns moldes.

Probamos a engadirlle un tinte natural de remolacha a unha pouca mestura, pero non obtivemos a cor violeta, saíunos un verde suave, e por último botámoslle unha gotiñas e esencia de laranxa.

Por último tamén probamos a facer un pouco xabón líquido empregando:

1 litro de aceite usado.

435 ml de auga.

175 gramos de potasa cáustica.

Anque a mañá estivo fría, pois corria un aire ártico, pasámolo xenial observando o proceso de elaboración do xabón.

Moitísimas grazas Lorena pola túa colaboración.


                     

                  















































Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.