Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2026

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. 5 DE MAIO.

Hoxe venres, 5 de xuño, celebramos no noso  colexio o Día Mundial do Medio Ambiente co fin de concienciar á poboación de todos os problemas graves que afectan ao noso planeta, como a contaminación, o cambio climático e a perda de biodiversidade. Cómpre cambiar os hábitos de consumo e impulsar leis ecolóxicas  máis xustas que coiden do planeta,  do clima e de todos nós. Na nosa aula, e coa finalidade de dar continuidade ao proxecto que estivemos desenvolvendo ao longo de todo o curso, "Clima san, vida sa", e xa para rematar o noso traballo, preparamos unha obriña de teatro titulada: "Clima en perigo".   Foi dramatizada  dentro da propia aula e posteriormente compartimos o texto con todos os nosos compañeiros e compañeiras do colexio en forma de audio, a través da nosa radio,  "Zoadeira Radio".   💚💙 Esta peza teatral foi escrita por nós e está relacionada directamente coa temática do proxecto  de biblioteca que foi desenvolvido por todo ...