Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

 Celebramos o día da nosa escritora universal recordando a súa biografía e  recitando  poemas nos que se pon en valor a música tradicional galega que foron ilustrados con debuxos do noso alumnado. Nestas composicións a escritora sempre reflectiu o seu amor pola nosa terra, a nosa língua e o cariño polos elementos da natureza. De seguido, aproveitando as habilidades musicais do noso conserxe Fernando que nos explicou e amosou os elementos do traxe tradicional  galego acompañando a mostra con fragmentos de pezas interpretadas coa gaita.

6º PRIMARIA: A PEGADA DO CARBONO.

Hoxe comezamos as exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   6º de primaria foi o curso encargado de iniciar este proceso expositivo co seu traballo "A pegada do carbono" conmemorando o Día Mundial da Enerxía. Acompañou a exposión oral con manualidades plásticas e co baile dunha canción ao resto do alumnado do centro. Informáronnos de que a pegada de carbono é un valor calculado que permite comparar a cantidade total de gases de efecto invernadoiro que unha actividade, produto, empresa ou país engade á atmosfera. Adoitan indicarse en toneladas de emisións por unidade de comparación. Moitas accións que facemos a diario contribúen a xerar emisións de CO2 que favorecen o cambio climático: ver a tele, ducharse, enviar un correo electrónico, comer unha hamburguesa...Por iso debemos repensar a nosa forma de vida para poder garantir a existencia das especies e frear o cambio climático.       ...

TINTAS NATURAIS.

Neste segundo trimestre o alumnado de 1º de primaria experimentou coas tintas naturais de orixe vexetal empregando distintas plantas: remolacha, verzas, cúrcuma, café, lombarda, azafrán...

ENVOLTORIOS ECOLÓXICOS.

  Na clase de 3 anos de infantil estiveron confeccionando envoltorios sostibles reutilizando teas.

VARIEDADES DE XABÓNS NATURAIS.

O alumnado continuou experimentando cos xabóns naturais coas seguintes opcións:

ENTROIDO.

  Do 9 ao 13 de febreiro celebramos no colexio o entroido. Cada día da semana disfrazamos unha parte do corpo e o venres foi disfraz libre  Partindo do cartel de presentación do Cocido de Lalín fíxose unha adaptación para relacionalo co entroido e co día de Rosalía de Castro; nel pintáronse as caras de Murguía, Rosalía e Castelao. Sendo o cartel encargado de dar as mandas do entroido, polo que cada clase creou un pareado relacionado coa temática ambiental a traballar neste curso: -Infantil pintou o cartel. - 1º de primaria fixo o pareado para o xoves, relacionado co vermut das señoritas e coa tea. - 2º de de primaria para o martes, algo na cabeza e relacionado co papel - 3º de primaria para o luns, relacionado cos pés e o plástico. - 4º de primaria para mércores, algo no corpo e vir en pixama. - 5º de primaria preparou o cartel. - 6º de primaria preparou o pareado para o venres, total liberdade para preparar o disfraz, pero a poder ser relacionado co clima. O venres comezamos ...