Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2024

EXPOSICIÓN SOBRE AS PLANTAS 6º PRIMARIA

 Hoxe as nenas e nenas de 6º de primaria fixeron a exposición do seu traballo "As plantas" relacionado co proxecto de centro "A defensa das nosas especies: o noso mellor legado". Utilizouse a Aula da Natureza, situada na nosa fermosa carballeira como lugar de reunión para a  mostra. Faláronnos da importancia tan enorme que as plantas teñen na vida do noso planeta Terra e fixéronnos mirar para a nosa carballeira ao irnos describindo as plantas e árbores que atopamos aquí. Informáronnos das plantas autóctonas ( carballos, castiñeiros, toxos...), das plantas de folla caduca ( pereira, maceira, pexegueiro ou cerdeira),das de folla perenne ( abeto, magnolio ou loureiro),das froiteiras ( amorodos, fixalis...) e as plantas con flor e sen flor( fotinia, buxo ou lila). Tamén quixeron amosarnos certas curiosidades dalgunhas plantas, coma as plantas carnívoras ou a resistencia e lonxevidade do "ginkgo biloba".Para rematar ensináronnos as súas dotes expresivas recitan

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

D Í A  D E   R O S A L Í A O 23 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poeta por excelencia. Nos seus poemas percibimos o amor da escritora polos elementos da natureza e polas súas paisaxes. Rosalía de Castro é unha figura fundamental para a lingua e a cultura galega. E esta é  unha data especial, na que a sociedade galega se contempla a si mesma para entenderse e recoñecerse e para festexar a propia  identidade. O s versos e as palabras de Rosalía son esixentes e requiren da nosa lectura profunda, da nosa escoita e da nosa mirada atenta.   A súa obra, a súa vida, o seu padecemento, o seu ollar, o seu sentir, son a alma enteira da nosa Terra.   Os versos rosalianos semellan andoriñas viaxeiras de eterno retorno, son verdadeiros cantos de esperanza. S on moitos os poemas nos que  Rosalía manifesta un fondo compromiso con Galicia,  cos galegos e as galegas, coa lingua, coa cultura e tamén co   medio ambiente .  Rosalía de Castr o   é unha muller que

COLOCANDO AS CASIÑAS DOS PAXAROS

 Aproveitando que o día 2 de febreiro se celebrou o día da Candeloria, considerado popularmente, como a data en que se casan os paxariños,  os nenos da Aula Específica quixeron colocar dúas casiñas para que os paxariños poidan aniñar nelas e coidar das súas crías, así poderemos gozar dos seus cantos. Neste día tamén se conmemora o Día Mundial dos Humidais, unha efeméride significativa orientada a xerar conciencia colectiva sobre a importancia dos humidais para a biodiversidade, o medio ambiente e o planeta.  "Pola candeloria casan os paxariños e maila galiñola."
E stamos na antesala da celebración do Entroido, unha festa tradicional  que está moi arraigada na nosa comunidade. No colexio,  a celebración do Entroido 2024  dedicarémola ao Entroido de Lalín e máis  concretamente a  "LVI Feira do cocido de Lalín" .   Este é o cartel deseñado polo alumnado de 5º curso onde se recollen as actividades que se van desenvolver ao longo desta semana. No colexio todos os cursos estamos a traballar na procura de información relacionada con esta festa, declarada de Interese Turístico Internacional e na que a gastronomía xoga un papel moi importante. Dende o luns 5 ao venres 9 de febreiro, algarabía e  animación no colexio non van faltar,  como non podía ser doutra maneira. E para rematar, o venres, a festa grande con animación dos Cacharelos de Lalín e baile de disfraces.   Neste "Genially" podes ver un pequeno resumo do que vai ser a semana do Entroido no CEIP Xoaquín Loriga. Tamén as colaboracións de todo o alumnado do centro que partic