Aproveitando que o día 2 de febreiro se celebrou o día da Candeloria, considerado popularmente, como a data en que se casan os paxariños, os nenos da Aula Específica quixeron colocar dúas casiñas para que os paxariños poidan aniñar nelas e coidar das súas crías, así poderemos gozar dos seus cantos.
Neste día tamén se conmemora o Día Mundial dos Humidais, unha efeméride significativa orientada a xerar conciencia colectiva sobre a importancia dos humidais para a biodiversidade, o medio ambiente e o planeta.
"Pola candeloria casan os paxariños e maila galiñola."
Comentarios
Publicar un comentario