Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2022

Artigos de prensa relacionados co medio ambiente.

Boas tardes, a continuación tedes unha relación de enlaces de prensa que podedes utilizar na hora da lectura. A MECA DO GRELO NA ESTRADA CORTA PEGA XENÉTICO NOS CULTIVOS O CASTAÑO GALEGO APÚNTASE AO CULTIVO IN VITRO CULTIVO DO GUISANTE BRAVO EN LALÍN CALIFORNIA É O MAIOR RECICLADOR DE AUGA DO MUNDO LOITA BIOLÓXICA PARA CONTROLAR A PROCESIONARIA GROENLANDIA 20º POR ENRIBA DA MEDIA      

ECO RETO NOVEMBRO

 Bo día familias, Este mes traémosvos un reto relacionado co proxecto que estamos a levar a cabo no colexio "Compromiso co medio que nos rodea" Este reto será:  #RetoInvestigamos . A proposta, nesta ocasión, vai dirixida a  investigar:    investigamos para fomentar o desenvolvemento sostible e protexer o noso medio ambiente .   Lembrámosvos como participar nesta actividade: Cando consigades os vosos retos, sacádesvos foto/s ou facedes un vídeo cortiño (menos dun minuto) e subídelo a Facebook ou a Instagram,  engadides o hashtag #AccionVozNatura, o hashtag   #retoinvestigamos   e etiquetamos cada foto ou vídeo con:  @voznatura  para que podamos ver todo o que publicades.

Talleres Revitaliza no mes de novembro

Ao longo do mes de novembro desenvolveranse  no noso centro as actividades do Programa Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra e o CEIDA. O programa consta de xornadas de formación para o profesorado, charlas, obradoiros e exposicións. O obxectivo deste plan é difundir a compostaxe entre os nenos e nenas dos centros escolares para concienciar sobre a necesidade de tratar o lixo de forma sostible e formalos para que respecten o  Medio Ambiente.  Este taller ía dirixido ao alumnado de 5º e 6º de infantil, levaba por título "A tribo dos Ecobechos". Con esta proposta aprendemos o proceso de elaboración do compost  e os bichiños que trituran a materia orgánica para axudar a coidar a nosa terra. O seguinte taller foi a charla-coloquio "A voltas coa compostaxe", dirixido ao alumnado do 2º e 3º ciclo, foi un achegamento ao tema do lixo doméstico e o proceso de compostaxe da fracción orgánica. Tamén poderemos gozar da exposición itinerante sobre a compostaxe ao