Saltar ao contido principal

Talleres Revitaliza no mes de novembro

Ao longo do mes de novembro desenvolveranse no noso centro as actividades do Programa Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra e o CEIDA. O programa consta de xornadas de formación para o profesorado, charlas, obradoiros e exposicións. O obxectivo deste plan é difundir a compostaxe entre os nenos e nenas dos centros escolares para concienciar sobre a necesidade de tratar o lixo de forma sostible e formalos para que respecten o  Medio Ambiente. 

Este taller ía dirixido ao alumnado de 5º e 6º de infantil, levaba por título "A tribo dos Ecobechos". Con esta proposta aprendemos o proceso de elaboración do compost  e os bichiños que trituran a materia orgánica para axudar a coidar a nosa terra.






O seguinte taller foi a charla-coloquio "A voltas coa compostaxe", dirixido ao alumnado do 2º e 3º ciclo, foi un achegamento ao tema do lixo doméstico e o proceso de compostaxe da fracción orgánica. Tamén poderemos gozar da exposición itinerante sobre a compostaxe ao longo desta quincena.                                                                                                              
                 

                                                                                                                                                         

                              
 
O terceiro taller estivo dirixido a: 5º e 6º de educación infantil, 1º e 3º ciclo de primaria. Titulouse: "Posta en marcha do composteiro". María e Manolo, os monitores de Revitaliza, amosáronnos o que temos que botar no noso composteiro escolar. Sempre debemos equilibrar a cantidade de  materia orgánica húmida (restos  de comida das merendas e comedor escolar) coa materia estructurante (materiais secos procedentes das pólas trituradas, follas, ourizos...), de vez en cando remexer esta mestura e así poder acadar un compost axeitado. Puidemos comprobar como o noso composteiro chegaba a  42º de temperatura.
                                                                                 


                                                                                                       
                                                   



O último taller de Revitaliza tivo por título: "Quen vive aí?" e estivo dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. Coa axuda de sinxelos capturadores de fauna, material de aumento e chaves dicotómicas, puidemos identificar aos invertebrados presentes no composteiro e sinalar a súa función no proceso da compostaxe. Resultou moi interesante, algún bichiño casi escapa da mesa.




                                                

                                                                                                                                                             

                                                  
                                                                                    

                                                                                         




Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.