Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2022

A nosa contorna

  Os nenos e nenas do CEIP Xoaquín Loriga mostran sensibilidade pola súa contorna máis próxima e contribúen á humanización dos espazos exteriores plantando árbores e plantas. Desta maneira, aprecian as zonas verdes e valoran o seu coidado. Así mesmo, coa horta escolar aprenden a preparar a terra e participan na limpeza, no abonamento e na plantación dos cultivos en función da época, facendo tamén un seguimento ata chegar á súa colleita. Ademais, contribúen á eliminación de especies invasoras, coma as avespas velutinas, colocando trampas para a súa captura. Por último, cómpre sinalar que gozan doutras actividades coma a  lectura e os xogos na carballeira e no patio. Que sorte poder contar con estes espazos!