Saltar ao contido principal

EXPOSICIÓN SOBRE AS PLANTAS 6º PRIMARIA

 Hoxe as nenas e nenas de 6º de primaria fixeron a exposición do seu traballo "As plantas" relacionado co proxecto de centro "A defensa das nosas especies: o noso mellor legado". Utilizouse a Aula da Natureza, situada na nosa fermosa carballeira como lugar de reunión para a  mostra. Faláronnos da importancia tan enorme que as plantas teñen na vida do noso planeta Terra e fixéronnos mirar para a nosa carballeira ao irnos describindo as plantas e árbores que atopamos aquí. Informáronnos das plantas autóctonas ( carballos, castiñeiros, toxos...), das plantas de folla caduca ( pereira, maceira, pexegueiro ou cerdeira),das de folla perenne ( abeto, magnolio ou loureiro),das froiteiras ( amorodos, fixalis...) e as plantas con flor e sen flor( fotinia, buxo ou lila). Tamén quixeron amosarnos certas curiosidades dalgunhas plantas, coma as plantas carnívoras ou a resistencia e lonxevidade do "ginkgo biloba".Para rematar ensináronnos as súas dotes expresivas recitando algunhos poemas creados por eles e elas relacionados coas plantas. 

Noraboa, moi bo traballo!!










Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.