Saltar ao contido principal

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

DÍDE ROSALÍA

O 23 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poeta por excelencia. Nos seus poemas percibimos o amor da escritora polos elementos da natureza e polas súas paisaxes. Rosalía de Castro é unha figura fundamental para a lingua e a cultura galega. E esta é  unha data especial, na que a sociedade galega se contempla a si mesma para entenderse e recoñecerse e para festexar a propia  identidade. Os versos e as palabras de Rosalía son esixentes e requiren da nosa lectura profunda, da nosa escoita e da nosa mirada atenta. A súa obra, a súa vida, o seu padecemento, o seu ollar, o seu sentir, son a alma enteira da nosa Terra. Os versos rosalianos semellan andoriñas viaxeiras de eterno retorno, son verdadeiros cantos de esperanza. Son moitos os poemas nos que Rosalía manifesta un fondo compromiso con Galicia,  cos galegos e as galegas, coa lingua, coa cultura e tamén co medio ambiente

Rosalía de Castro é unha muller que marcou historia  en Galicia e  no mundo  enteiro,  unha  das escritoras   máis  importantes. A súa expresividade e a súa forma de contar o día a día coa súa poesía, converteuna nun símbolo da Nosa Terra. Por iso é a galega máis querida e máis importante da nosa historia.

Para festexar esta día, o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria do CEIP Xoaquín Loriga preparou  unha curta sobre a vida e obra literaria desta grande escritora sobre o libro "Rosalía", escrito por Helena Villar Janeiro.

Seguro que xa sabes moitas cousas da nosa homenaxeada así que anímate con este  "Genially" e descubre á Rosalía que os nenos e nanas deste colexio che queren mostrar. 


Seguindo o exemplo de Rosalía, é fácil comprender que a indiferenza a todo o que acontece ao noso redor non é a mellor resposta. A natureza merece ser oída e  todos nós debemos escoitar as súas chamadas de auxilio. No CEIP Xoaquín Loriga asinamos ese compromiso co medio que nos rodea, de amor a Galicia e respecto á nosa cultura e á nosa lingua. E que mellor maneira de facelo que lendo algúns dos seus poemas e cantando a Alborada,  todos xuntos na biblioteca do centro. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.