Celebramos o día da nosa escritora universal recordando a súa biografía e recitando poemas nos que se pon en valor a música tradicional galega que foron ilustrados con debuxos do noso alumnado. Nestas composicións a escritora sempre reflectiu o seu amor pola nosa terra, a nosa língua e o cariño polos elementos da natureza. De seguido, aproveitando as habilidades musicais do noso conserxe Fernando que nos explicou e amosou os elementos do traxe tradicional galego acompañando a mostra con fragmentos de pezas interpretadas coa gaita.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...





















Comentarios
Publicar un comentario