Saltar ao contido principal

O GALIÑEIRO E AS TEMPERATURAS.

  No galiñeiro escolar contamos con dúas galiñas da raza de Mos. Ao alumnado gústalle coidalas, observalas e recollerlle os ovos diariamente, especialmente a aqueles nenos con diversidade funcional. Ao longo do curso fomos observando que durante o inverno ao haber menos horas de luz e baixar as temperaturas a produción de ovos disminue, en cambio, ao chegar a primavera suben as temperaturas, hai máis horas de día e as galiñas poñen mellor. O alumnado fixo un rexistro da produción de ovos e tamén tomou contacto coas aves.

As galiñas son animais homeotérmicos, o que quere dicir que posúen a capacidade de manter unha temperatura interna relativamente constante, independientemente da temperatura ambiental,  isto é fundamental para o funcionamento óptimo dos seus procesos fisiolóxicos. A temperatura somática profunda nas galiñas oscila entre 40,6 e 41,9ºC. Esta estabilidade mantense a través dunha complexa interacción de mecanismos metabólicos e conductuais.

A zona de neutralidade térmica é o rango de temperatura ambiente onde a galiña non ten que realizar esforzos significativos para manter a súa temperatura interna. Este rango atópase entre 12 e 24º C, dentro desta zona a galiña manten unha produción de calor relativamente baixa, ben sexa a través da disipación da calor ao ambiente, ou ben minimizando a perda de calor cando fai frio. Calquera desviación desta zona  de neutralidade térmica obriga á galiña a aumentar a produción calórica para compensar a perda ou ganancia de calor, neste caso o corpo da galiña debe traballar máis duro para manterse quente o freco. En climas cálidos actívanse mecanismos de arrefriamento como o bafexo e a vasodilatación, mentras que nos climas fríos  empréganse mecanismos de quecemento como o escalofrío e a vosoconstrición.




Na aula específica do centro desenvolveuse regularmente unha proposta

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.