Coa chegada do bo tempo desta primavera a fauna comeza a percorrer todos os recunchos da contorna. Hoxe, cando rematamos o comedor escolar unha parte do alumnado dirixíase a pé pola pista do circuito de coches para atoparse coas súas familias cando puideron observar na base do muro exterior un precioso lagarto Arnal.
Entre os hérpetos presentes no Atlas dos Anfibios e Réptiles, as lagartas e lagartos compoñen un espectro de 10 especies que se poden atopar en Galicia durante o verán. O lagarto arnal (Timon lepidus) tamén acompaña esta distribución completa en Galicia, con ausencia nalgunhas zonas do interior da Coruña, e a zona de Lugo. En maio ten o maior número de avistamentos, con 462, convértendose na especie máis citada. Aínda que non se atopa en perigo de extinción figura no catálogo Nacional de Especies Protexidas de España e no Convenio de Berna(1979) que é o primeiro tratado internacional que dá un tratamento xeral á xestión da vida silvestre, elaborando unha serie de medidas que propicien a conservación da flora, da fauna e dos seus hábitats naturais, considerando estos elementos como un patrimonio natural que debe preservarse e transmitirse ás xeracións futuras.
n, 1802)
Comentarios
Publicar un comentario