Saltar ao contido principal

EUCALIPTOS NON, CARBALLOS SI. Educación Infantil.

 

Para rematar coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus" o grupo de  Educación Infantil foi o curso encargado de dar fin a este  proceso expositivo co seu traballo "Eucaliptos non, carballos si" conmemorando o Día Internacional da Diversidade Biolóxica celebrado o 22 de maio. Acompañaron a exposión cunha canción sobre os árbores da fraga na que as árbores autóctonas non aceptaban ao eucalipto na fraga por ser unha especie foránea.
Unha investigación realizada pola Universidade de Oviedo/Uviéu revela que a introdución de especies coma o eucalipto pode causar grandes impactos na capacidade que teñen os bosques autóctonos para mitigar o cambio climático, pois está en perigo a súa capacidade para almacenar carbono no chan.
O eucalipto non é unha árbore aborixe, fai anos que chegou á península Ibérica  procedente do continente australiano como árbore ornamental de xardíns, que se acabou  plantando no monte para empregar a súa madeira resistente nas travesas das vías do ferrocarril ou  como soporte das galerías das minas.  Coa súa madeira podemos fabricar dende papel de alta calidade ata grandes vigas de madeira para as bateas da cría dos mexilóns nas Rías Baixas.Temos que ter en conta que como se propaga con gran facilidade acaba invadindo o espazo das especies nativas e vai cambiando a composición do chan, da auga e da biodiversidade da zona, En fin, que transforma a paisaxe drasticamente e  ten unha escasa oferta de alimento e de refuxio para os paxaros, pois non posúen cavidades naturais para que as aves poidan facer os seus niños, para refuxiarse ou descansar, tampouco teñen artrópodos para alimentarse.
 O non reducir a expansión das plantacións de eucaliptos e os seus efectos sobre a fauna e flora provocou que algunhas das nosas paisaxes máis valiosas se  eucalizaran. Dende o río Miño, na fronteira con Portugal, ata o territorio de Bizkaia, unha extensa superficie cuberta de eucaliptos forma un arco que inunda as Rías baixas, a costa da Coruña, a Mariña lucense, cubrindo o litoral e montaña de Asturias e Cantabria,  e comezando a transformar a paisaxe de Bizkaia. 
A pesar de todas as evidencias científicas, esta árbore segue sin aparecer no catálogo español de especies invasoras, en gran parte debido a que ten unha  gran relevancia social e económica e as administracións públicas non loitan como deberían polo seu control. 


Necesitamos xa retirar os eucaliptos para restaurar os nosos ecosistemas máis valiosos!


                             










                                    
                             

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.